O Pomar, de Filgueira Valverde

Para celebrar o día das Letras galegas, realizamos diferentes traballos sobre o texto "O Pomar" (escollidos dos materiais do Seminario Galán) de xeito colaborativo.

6 grupos
4 membros
6 actividades
1 produto final


  • Grupo 1: vídeo coa lectura/recitado do texto.
  • Grupo 2: Nota cos adxectivos identificados.
  • Grupo 3: Cartel do texto.
  • Grupo 4: Mapa mental coas palabras femininas plural.
  • Grupo 5: Ilustración do texto.
  • Grupo 6: Nube de palabras coas árbores froiteiras atopadas.


PRODUTO FINAL: vídeo que recompile todas as actividades.


Poesía colaborativa "Somos piratas"

Na aula de 1ºB decidimos facer este ano, polo día do libro, unha poesía colaborativa.

Cun remuíño de ideas decidimos o tema (os piratas) e as palabras que poderían aparecer nesta poesía.

 Entre todos elaboramos a primeira estrofa.

 Amigos piratas 
 que saquean tesouros. 
 Grandes piratas 
 que teñen ouro. 

 A seguinte estrofa é diferente para cada equipo. Empregamos a metodoloxía dotraballo colaborativo para que cada membro do grupo pensase e escribise un verso.

 Rematamos coa gravación dun vídeo coa poesía completa de cada equipo. 







Os pulmóns

Os pulmóns: respiramos



Material: cartolinas, debuxo dos pulmóns, palliñas, bolsas de conxelar e ceras.



O mago, un proxecto de traballo colaborativo

Comezamos co proxecto de traballo colaborativo "O mago" no curso 2013-2014.

Esta forma de traballar e organizar a aula xurdiu como parte das actividades realizadas dentro do Grupo de traballo Senticolor.

Para consultar o realizado durante ese tempo, pinchar nas seguintes imaxes:


Enlace aos arquivos do blog Olla polo buratiño.



Enlace aos arquivos do blog Senticolor.